Expo
Afrontamos a segunda edición desta sección artística encadrada no Rali de Carretillas. A primeira edición, a IV do Rali, amosou o interés do público por participar, con obras de todo tipo e de gran calidade. Desta segunda quenda, pretendemos ampliar o número de participantes e de colaboracións con artistas, como foron as de Paco Lareo, Armindo Salgueiro, Lucía Dubra e Okrabelo.
Temos a disposición do público unha carretilla estándar que podes adquirir a un precio especial de 27 € contactando con nós tanto via e-mail coma via móbil. Para participar na Expo, tes que poñerte en contacto con nós a través do email: info@ralidecarretillas.org ; ou do tlf: 659 389 119
Agardámosvos!
Aquí vos deixamos un enlace ao álbum de fotos das carretillas participantes na derradeira Expo, ademáis do álbum con fotos da carretilla oficial, onde a podedes ver a todo detalle desde tódolos ángulos.






