FAQ
Pregúntas Frecuentes - FAQ – Frequently Asked Questions
As seguintes preguntas serven para aclarar dúbidas sobre o Rali de Carretillas, para máis información recomendase ler o Regulamento Oficial que pronto estará nesta web.
¿Qué é o Rali de Carretillas?
Trátase dunha competición formada por diferentes probas e entre parellas, que corren levando unha carretilla. A principal particularidade é que as carretillas deben ser modificadas e persoalizadas a gusto dos participantes.
¿Cales son as probas do Rali de Carretillas?
O rali consta de tres probas: de velocidade, de habilidade, e unha carreira. As dúas primeirs son contrareloxo e a terceira tratase dunha carreira na que corren tódolos participantes de xeito simultáneo. As probas foron sufrindo certas variacións ao longo dos anos pero sempre mantendo esta estrutura.
¿Cómo se leva a carretilla?
Un dos participantes vai subido nela e outro vai empurrando, ou tirando dela. O “pasaxeiro” xoga cos movementos do seu corpo de xeito que fai de contrapeso nas curvas e así facilita o traballo do seu compañeiro.
¿Onde se celebra o Rali de Carretillas?
O Rali ten lugar en Vila de Cruces, Pontevedra, Galicia, España. As probas realízanse por diferentes rúas da vila sendo o punto de partida a praza do concello.
¿Cando se celebra o Rali de Carretillas?
Leva celebrándose dende o 2006 o sábado das festas patronais da vila na honra á Virxe da Piedade.
¿Cando son as festas en honra a Virxe da Piedade de Vila de Cruces?
Celébrase sempre o fin de semana seguinte ao día catro de Agosto, se ese día cae sábado ou domingo pasa a ser o fin de semana seguinte.
¿Quen pode participar?
Non hai límite de idade, e trátase dunha competición mixta polo que pode participar que o queira, sendo imprescindible facelo por parellas e contar cunha carretilla.
¿Qué pasa se non teño carretilla?
A organización conta cun número moi limitado de carretillas que pode ceder a participantes de última hora que non conten con carretilla polo que o recomendable é tratar de conseguir unha.
¿Cómo teñen que ser as carretillas?
Trátase das tradicionais carretillas dunha roda utilizadas para o transporte de mercancías. Poden ser de madeira, ferro ou plástico, como teñen que aguantar co peso dun dos participantes aconséllase que teñan certa robustez.
¿Cómo se preparan as carretillas?
Os “monociclos” han de manter sempre tal condición polo que non se lle poden engadir rodas, ou, de facelo, non poden tocar nunca o asfalto, cumplindo isto, a carretilla pódese decorar, retocar, ampliar e tunear o que se queira, a imaxinación é o límite. Coma aliciente a organización reserva premios especiais para as carretillas máis traballadas ou máis orixinais.
¿Cales son os premios do Rali de Carretillas?
Hai diferentes premios, o máis importante lévao que saque os mellores tempos nas probas, tamén hai premio á carretilla máis orixinal, á mellor escudería… Os organizadores do rali tratan de que cada vez haxa máis e mellores premios para mellorar a competición e tratar de que a maioría dos concursantes leven algún premio.
¿Que é unha escudería do Rali de Carretillas?
Se dúas ou máis parellas se agrupan poden formar unha escudería e participar na competición de escuderías e tamén facer máis festa.
¿Como me podo inscribir para participar no Rali de Carretillas?
Se xa tés a túa parella e tedes unha carretilla poderédesvos inscribir a traves do correo electrónico info@ralidecarretillas.org. A data límite de inscrición é o mesmo día da celebración do Rali de Carretillas e media hora antes do seu comezo.
¿Como podo formar parte da organización do Rali de Carretillas?
Se queres axudarnos ca organización do Rali de Carretillas contacta con nos info@ralidecarretillas.org e veremos que traballo che podemos encargar.



