O Rali



O Rali de Carretillas de Vila de Cruces celebrouse por primeira vez o 5 de Agosto do 2006, en plenas festas da Piedade de Vila de Cruces e encadrado coma actividade da Semana Cultural e vense celebrando anualmente cada sábado das festas da Piedade de Vila de Cruces.

Logo do Rali de Carretillas a calidade media

Este singular rali consta de diferentes probas nas que os pilotos corren por parellas utilizando una carretilla que pode e debe estar retocada e decorada, un dos corredores vai subido na carretilla e outro empurrando.

As carretillas, verdadeiras protagonistas deste rali, son “tuneadas” polos concursantes de calquera xeito, a norma básica é que non poden deixar de ser monociclos, e dicir, non poden ter máis dunha roda en contacto co chan.

Inda que non é obrigatorio para concursar, o normal e que se vistan de xeito acorde ca decoración da carretilla para formar así un conxunto con certa armonía. Así mesmo, dúas ou máis parellas pódense agrupar formando “escudeirías” que, tamén entrarán nunha competición paralela habendo premios á mellor escudeiría.

A partires do 2009, únese ao Rali de Carretillas unha pequena gran ampliación no seu programa, trátase dunha exposición artística de carretillas customizadas denominada “Arte Carretilleiro”. A organización entrega carretillas a diversos artistas para que estes as decoren á súa maneira ademáis de abrir un concurso a todos aqueles participantes que queren ter unha carretilla persoalizada pero non lles interesa correr no rali. Esta exposición convirte ao Rali de Carretillas, no que a creatividade xa xoga un papel importante na preparación das carretillas, nunha actividade artística e de difusión da cultura.