Na nosa visita coñecemos unha xente magnífica que nos proporcionou a millor das benvidas e o mellor tratamento festeiro…con comidas, ceas e festa para todos, sempre pendentes de nós.
Creemos que deixamos o pavillón cruceño ben alto, uns máis que outros, jeje!, pero agora TÓCANOS A NÓS! Coma favor persoal a todos nós, só podemos pedirvos que sexades o máis galegos posible, abertos a eles e con ganas de facerlles partícipes da nosa vila e da nosa festa e que se sintan coma nós chegamos a sentirnos alí.
Non vos pediriamos esto se non souberamos que son unha xente excelente coa que ides conxeniar fácilmente, e quizais o ano que ven a expedición cruceña a Irurtzun sexa ben máis numerosa.
Shashin error: Photo not found.
Para a visita destes rapaces, aínda que sen nada definitivo, temos previsto acollelos no ximnasio do Grupo Novo, ademáis de ofrecerlles material de Almorzo, unha pulpada de benvida o día 4, na que todo aquel que veña pode aproveitar a coñecelas, ademáis dunha cea o, en principio, sábado 7, no que sería unha maratón Rali-Actuación Orritz de Irurtzun-Cea Confraternización.
Xa obtivemos o compromiso do concello para colaborarmos na realización de todo esto, pero ben e sabido que se necesita axuda humana e apoyo económico, é por iso que vos dicimos que toda axuda voluntaria, tanto de traballo coma monetaria será benvida.
En primeiro momento falouse de incluír unha pequena cuota nas camisetas da Tropa, pero xa que algunha xente xa se apuntou a sabendas do prezo de 10€, preferimos non subilo por este motivo. Lembraredes como, no seu día, as camisetas da tropa serviron para traermos charangas e actuacións coma a de Odaiko coa vosa colaboración económica, pero non nos parece ben subir o prezo da camiseta a última hora para subvencionar os gastos derivados este ano da espectacular actuación dos rapaces de Irurtzun, e é por iso polo que vos pedimos a vosa colaboración económica e voluntaria tanto se facedes a camisola coma se nón, pois esto non é algo que sexa únicamente “tropeiro”.
Para realizar a vosa colaboración económica ou humana, só tedes que contactar con Checha (659389119) ou con Sergio (607198901).
Grazas a tod@s pola vosa atención.
Recentes:
- Participación na Cronoescalada de Carretillas de Irurtzun (Navarra)
- Xuventude Cruceña, necesitámosvos!
- Dossier V Rali de Carretillas
- V Rali de Carretillas…A invasión das Carretillas
- Participantes do IV Rali de Carretillas
- A Revista
- Ampla cobertura mediática para o Rali de Carretillas
- Ramón xa pintou as carretillas
- Cartel do IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces
- Este ano: Rali+Arte
Categoría:



